Hai dous anos, na anterior vida deste mesmo blog, comentaba o moito que me prestaba ler as columnas de Javier Ortiz, por entón contrapunto do marasmo de opinadores de El Mundo, meses antes de trasladar as súas lúcidas columnas a Público, ademais de aos seus Apuntes del Natural.
Onte, no mesmo Público, descubrín o obituario de Javier Ortiz, escrito por Javier Ortiz. Vasco con antepasasados de todos os sitios, este xornalista tivo o peito, a retranca e, de novo, a lucidez, de escribir a crónica da súa propia morte, sen dramatismo e concluíndo que, á fin, a súa repentina desaparicion do mapa deriva en "otro puesto de trabajo disponible". "Algo es algo", reflexionaba a continuación. Sinxelamente, grandioso.
Agora, que Ortiz non poderá escribir máis, volvo -tomando prestado o seu titular- recomendar a re-lectura dos seus escritos, e reafírmome na opinión de querer parecerme -na escrita, o de morrer novo xa decidín hai un tempo que, a ser posíbel, mellor non- un pouquiño ao vasco barbudo ao que tiven a oportunidade de coñecer na miña época universitaria, nunha aula de Xornalismo Especializado. Os comunistas coma el van ao ceo?
malodeaturar. Javier Ortiz, xornalista. 29 de abril de 2009.
Comentar