Inicio | Textos de Ortiz | Voces amigas

2009/11/13 06:01:00 GMT+1

Javier Ortiz

Desde hai unha tempada, e por recomendación de Isabeliña, inclúo ao diario Público na miña lista de páxinas web de medios de comunicación españois e estranxeiros a visitar, xunto con El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Mundo, El País, Vieiros, Cadena Ser, ás veces ABC, The Guardian, The Times, The New York Times, BBC, entre outros, como o AS ou o Marca, que non poden faltar. Durante a campaña presidencial nos EE.UU. cheguei a incluír na lista ao Anchorage Daily News, un xornal de Alaska, por iso do "fenómeno" Palin.

Pero hai un momento, dicía, acabo de abrir a páxina do diario Público e atopeime coa nova de que Javier Ortiz, columnista dese xornal, faleceu deixando escrito o seu propio obituario. Teño que confesar a miña ignorancia e dicir que Javier Ortiz me soaba... e punto. Certamente non é un xornalista do que soubese moito, pero esta idea súa de deixar o seu obituario por escrito no seu blog e a brilantez na sinxeleza (non van sempre xuntas?) dese mesmo obituario, fan que lle teña que rendir esta pequena homenaxe, deixándovos neste meu pequeno espacio público-particular, as ligazóns ao seu "último" texto.

Sueño con Jamaica

Javier Ortiz, periodista

Javier Ortiz Estévez, se era o que ti querías, descanses en paz. Senón... que deas moita guerra, alá onde esteas.

PD: calquera día sorpréndovos cun texto deste xénero da miña feitura. E vos poñades agora a dicir que son un mal agoreiro, porque se hai algo seguro nesta vida é que a do capuchón negro e a gadaña, un día ou outro, chegará. Ata entón... a vivir, que non queda outra.

Gerardo Albela. Javier Ortiz. 29 de abril de 2009.

Escrito por: Gerardo Albela.2009/11/13 06:01:00 GMT+1
Etiquetas: gerardo_albela recuerdos | Permalink | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentar





Por favor responde a esta pregunta para añadir tu comentario
Color del caballo blanco de Santiago? (todo en minúsculas)